jueves, 25 de septiembre de 2014

PRÁCTICA 1 - Insertar objetos

   Boas! Nesta entrada vou falar de  Call of Duty Black Ops II que  é un  xogo de disparos en primeira persoa da saga de Call of Duty que foi lanzado para PS3, Xbox360 e Microsoft Windows o 13 de novembro do 2012. Esta creación do desarollador Treyarch foi un dos videoxogos máis vendidos e xogados. Actualmente 500.000 persoas conéctanse cada día aos servidores de PSN (Playstation Social Network) para xogar a Call of Duty Black Ops II, entre os cales me inclúo.

   O modo de xogo máis popular é sen dúbida o multixogador online que ofrece unha gran variedade de pequenos xogos coma "duelo por equipos", "dominio" ou " buscar e destruir" nos que dous equipos se enfrentan entre eles, coa finalidade de cumplir un obxectivo para gañar a partida.
 Treyarch tamén desenrolou un novo modo de xogo: Zombies no que ademais de acabar con zombies que pouco a pouco van aumentando, debes atopar a historia que se atopa detrás.

    A fama deste xogo chegou a youtubers famosos coma Willyrex, aLexBY11 ou sTaXx que se deron  a coñecer mostrando as súas dotes para este fantástico videoxogo que é Call of Duty Black Ops II

    A continuación deixovos unha foto e un vídeo. Disfrutádeos e ata a próxima!


Duelo por equipos no mapa de ''Turbine''

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario