PRÁCTICA 3 Que uso lle das ó ordenador?
Na actualidade a informática ten unha gran importancia. É usada en prácticamente todos os campos: en tendas. colexios, hospitais… E como non, para uso particular de cada un. Eu pertenzo a ese 74% de familias que dispón polo menos de un ordenador no seu fogar.
Para min, o ordenador supón unha parte moi importante do día a día. Usoo para comunicarme con amigos e conocidos tanto por medio de redes socias, por correo ou incluso por chats e foros. Tamén para descargar música en plataformas coma Youtube (axudandome do Atube Catcher) ou ver películas en plataformas coma SeriesLy. Así como para xogar a algún xogo online ou facer algunha compra. E, aínda que sea algo raro, tamén o utilizo para ver a televisión, grazas ao programa Aver Tv. Pero un ordenador ofrece moito máis ca isto, tamén fago uso del para informarme das noticias que nos rodean nos xornais dixitais e como non para buscar información para traballos escolar. Pero os ordenadores tamén teñen desvantaxes coma o posible roubo de información e fotografías subidas na rede ou na nube. Ou simplemente que nos volvamos adictos a eles e perdamos moito contacto coa realidade.
Así, o meu primeiro contacto con este aparello tíveno aos seis ou sete anos, comenzara abrindo unha carpeta calquera cos dous clicks. Recordo que non fora ben a primeira.. Pero pouco a pouco fun avanzando neste campo ata que me comprei o primeiro ordenador o cal utilizo actualmente; un Gigabyte con monitor Eizo. Aquel día fora un dos máis felices. As seguintes semanas estiven trasteando nos programas que xa traía o propio aparello coma o nero. Ata que chegou o gran día, no que por fin tiven internet. Esa era a época do Messenger, aquel “Whatsapp” prehistórico no que te gañabas o respecto a base de zumbidos. Ao cal seguiron as redes sociais coma Tuenti ou Facebook. Ou, actualmente Twitter e Instagram para os smarthphones.
Con este texto pretendo, ademáis de contar o uso que lle dou ao ordenador, contar o tanto que poden facer estas máquinas, como esta demostrando a tecnoloxía. E como nos poden axudar a cada un de nós, entreténdonos, manténdonos informados do que está pasando no mundo… Así en conclusión o ordenador é unha ferramenta coa que debemos traballar e manter unha relación estreita aínda que sin pasarnos e convertilo nunha obsesión.
Esta e a miña reflexión. Saúdos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario