Boas! Nesta entrada vou falar de
Call of Duty Black Ops II que
é un xogo de disparos en primeira persoa da saga de
Call of Duty que foi lanzado para PS3, Xbox360 e Microsoft Windows o 13 de novembro do 2012. Esta creación do desarollador
Treyarch foi un dos videoxogos máis vendidos e xogados. Actualmente 500.000 persoas conéctanse cada día aos servidores de PSN (
Playstation Social Network) para xogar a
Call of Duty Black Ops II, entre os cales me inclúo.
O modo de xogo máis popular é sen dúbida o multixogador online que ofrece unha gran variedade de pequenos xogos coma "duelo por equipos", "dominio" ou " buscar e destruir" nos que dous equipos se enfrentan entre eles, coa finalidade de cumplir un obxectivo para gañar a partida.
Treyarch tamén desenrolou un novo modo de xogo:
Zombies no que ademais de acabar con zombies que pouco a pouco van aumentando, debes atopar a historia que se atopa detrás.
A fama deste xogo chegou a
youtubers famosos coma
Willyrex, aLexBY11 ou sTaXx que se deron a coñecer mostrando as súas dotes para este fantástico videoxogo que é
Call of Duty Black Ops II
A continuación deixovos unha foto e un vídeo. Disfrutádeos e ata a próxima!
 |
| Duelo por equipos no mapa de ''Turbine'' |